Hoxe no pleno do Concello aprobouse o Anexo de Subvencións nominativas de Orzamento 2023 que inclúe o reforzo do apoio ao Athletic Coruña para promocionar o Hoquei na cidade. Dende o clube agradécese esta dexesada inxección económica necesaria para as vindeiras tempadas e para poder afrontar mais retos e garantizar os que xa contan nos planes actuais do clube.
Deste xeito o clube ten asinados 10.000 Euros anuais para o emprego do deporte no hoquei. É por iso que non cabe máis que mostrar a nosa gratitude dende a directiva e de todos os xogadores e xogadoras integrantes do clube de todas as categorías por este inestimable apoio do concello e a confianza no clube.
Dende as remuneracións de os colaboradores e adestradores do clube ata a maior subvención do clube para afrontar os gastos de campionatos nacionais masculinos e femininos beneficiaranse deste numerario asinado polo concello co actual goberno da cidade.
E unha demanda moi traballada polo clube invertindo dende mais de quince anos, na sua totalidade, en 'materia prima' de xogadores e xogadoras cidadáns desta cidade de A Coruña e fomentando cada vez mais a práctica do deporte con apelido de hoquei pero que en realidade ven a mellorar a calidade de vida dos residentes da cidade.
E por ello o clube esofrzaráse en demostrar que a inversión realizada polo concello teña os seus frutos en cantidade e calidade de practicantes deste peculiar deporte minotario e que necesita destes xestos económicos para poder afianzar e dar continuidade aos proxectos.